Jessica Biel (Total Recall, Spark) está en conversas para protagonizar xunto a John Cena a adaptación para o cinema con acción real da marca de coches de xoguete Matchbox na Apple Original Films, a Skydance e a Mattel Films.
O director de Extraction, Sam Hargrave, dirixirá Matchbox, que xira ao redor das miniaturas creadas polo experto en automoción Jack Odell en 1953. Odell creou o xoguete para resolver un problema da súa filla: só podía levar un xoguete á escola se era abondo pequeno como para caber nunha caixa de mistos. E así naceu unha marca coñecida polos seus altos niveis de autenticidade, e que segue presente en todo o mundo 70 anos despois.
O guionista de Prey, David Coggeshall, formará equipa co creador da série Banshee, Jonathan Tropper, para escribir o guión do proxecto, que está producido pola Apple Original Films e mais a Skydance.
Polo de agora descoñece-se o papel que fará Biel na película. David Ellison, Dana Goldberg, Don Granger e Robbie Brenner producen.