Kunis, a asasina

0
254

Mila KunisA Twentieth Century Fox ven de contratar a Mila Kunis para que se vexa as caras con Mark Wahlberg, a outra estrela do filme de acción Max Payne que dirixirá John Moore baseándo-se no videoxogo Rockstar.

Kunis – coñecida pola série de TV Os marabillosos anos 70 e por poñer a voz na versión orixinal á quinceaneira Meg Griffin en Pai de Família – interpretará a unha asasina que se alía co persoaxe principal para vingar a morte da súa irmá. Wahlberg fará de Payne, un poli obsesionado pola tráxica morte da súa família e que se enguedella nunha conspiración mentres investiga unha série de asasinatos.

Beau Thorne escribiu o guión. Julie Silverman e Scott Faye son os produtores. Tom Karnowski será o produtor executivo.