Ryan Reynolds produce ao Súper Rato

40

Ryan Reynolds e mais a súa compañía, a Maximum Effort, producirán unha longametraxe que adaptará para o cinema o popular persoaxe dos debuxos animados Mighty Mouse para a Paramount Animation.

O guionista de Scoob!, Matt Lieberman, que xa traballou con Reynolds no filme de aventuras fantásticas de 2021 Free Guy, encargará-se de escribir o guión.

Mighty Mouse, que foi coñecido en Galiza a través da súa dobraxe latina na tele coma “Super Raton”, creou-se nos anos 40 coma un loitador contra o crime que satirizaba aos cómics de Superman. O seu debut produciu-se nunha curta titulada The Mouse of Tomorrow.

O persoaxe de enormes músculos protagonizou dúcias doutras curtametraxes, pero acadou a sona grazas aos debuxos animados que se emitiron até ben entrada a década dos 80, presentados sempre coa súa memorábel sintonía Here I Come to Save the Day. Hai seis anos houbo un primeiro intento de revivir a propriedade cun guión dos autores de The Meg e RED, Jon e Erich Hoeber, pero o esforzo non chegou a bó porto.

Despois do éxito de Deadpool & Wolverine, a compañía produtora de Reynolds obtivo pola súa banda unha renovación do contrato coa Paramount até 2026.