Tintin é mais de Jackson ca de Spielberg

1068

TintinMentres que os fans de Tintín están ansiosos por ver os resultados, os millóns de americanos que non coñecen ao popular persoaxe de cómic de Hergé non comprenden como é que o seu deus particular, Steven Spielberg, pode estar “malgastando” o seu tempo nesta produción.

En efecto, nos Estados Unidos Tintín á penas é coñecido por unha minoría de fans do cómic, que non saben que este persoaxe leva mais de oitenta anos dando voltas polo mundo (e pola Lúa), loitando no Oriente Médio, nas selvas de Sudamérica, no Leste de Europa, contra piratas, narcotraficantes, mercaderes de escravos, traficantes de armas e espías diversos.

Hai uns días a prensa especializada publicou unha reportaxe que anunciaba que a fotografía principal para The Adventures of Tintin: The Secret of the Unicorn só duraría 32 días (un tempo abriantemente curto para o que adoita ser habitual) e se faría coa técnica de captura de imaxes, e seica xa está rematada.

O que se conta é que mália os rumores de que esta ía ser unha colaboración entre Steven Spielberg e Peter Jackson, só este último é realmente quen dirixa o proxecto, cuxa produción levará a frioleira de 18 meses. En efecto, Jackson xa viaxou a Los Angeles para facer probas e para escomezar a primeira semana de rodaxe. Quen dirixirá finalmente o filme? A produtora Kathleen Kennedy afirma que os dous realizadores “colabouran abraiantemente, mesmo mais ca Steven e George Lucas“.

Jackson xa está á procura de novas ideias para a segunda parte do filme e para o seu guión, que probábelmente escriba o trío que xa fixo a primeira parte deste grande proxecto: Steven Moffat, Edgar Wright e Joe Cornish. De todos os xeitos, ainda non hai unha aprobación dos estudos para a continuación da franquía.

O que si é seguro é que a tecnoloxía utilizada manten-se en segredo. O mais que puidemos saber é que Kennedy dixo que “é estremadamente difícil explicar-lle a alguén como é [a tecnoloxia] a menos que estea ao meu carón, e normalmente a súa reacción é exclamar ‘ouh, meu deus’“.

A Sony será a encargada da distribución en Europa, onde o persoaxe si que ten tradición e goza dunha excelente sona. A Paramount tentará vende-lo en América e en Ásia, onde moitos non están familiarizados co persoaxe.