“Esta á a nave Xénese, Arkhaven”, unha transmisión distorcida estralou polos altofalantes da ponte. “Identifíque-se, cambio”.
O feito de que a enorme nave só visíbel coma un aruxo brillante de masa de alto albedo dende a súa ponte se identificara coma a mesma nave que comandaba o capitán Matthew “Sully” Sullivan era desconcertante. O feito de que estiver en rumbo de colisión coa súa -un feito do que non deixaban de lle alertar as sereas de alarma que soaban por toda a ponte- ergueu a situación de brincadeira frustrante a problema de vida ou morte.
O Arkhaven foi deseñado con dous propósitos: en primeiro lugar, construír unha ponte Krasnikov que permitira o tránsito superlumínico a unha estrela habitábel e, en segundo lugar, ser a vangarda da humanidade. Era un Arca tecnolóxica que contiña vida abondo -humana, animal e vexetal- para manter un punto de apoio nas estrelas. Sully simplemente non podía permitir que o que fora que se facía pasar polo seu indicativo rematara coas vidas ao seu cargo coa súa traxectoria de combustión desenfreada.
“A súa fiestra para o lanzamento de mísiles está a se pechar”. O uniforme escuro do comandante Daluxo estaba tan impecábel coma antes de calquera inspección. A diferéncia dalgúns membros da misión do Arkhaven, que afrontaban o convencemento de non volver nunca á Terra con pequenos lapsos de disciplina, Daluxo nunca fraqueaba nin cos detalles mais nímios. “Temos que despegar ou temos que marchar”.
“Estamos listos? Carga asegurada? Motor Krasnikov preparado?”
“Até o derradeiro embrión”. Dixo Daluxo, os seus dedos repenicaban contra un cronómetro dixital contando o tempo até que os cálculos suxeriran que un ataque con mísiles simplemente crearía unha nube de entullos que destruiría o Arkhaven nunha choiva de pequenos impactos en lugar dun só catastrófico. “Ao motor… falta-lle a proba final, pero está listo”.
“Abre unha canle”. Sully esperou o estalo revelador no seu auricular denotando unha frecuéncia aberta. “Esta á a nave Xénese, Arkhaven. Identifíque-se, cámbio”.
“Capitán”. Daluxo ergueu-se da súa consola e colocou-se á beira de Sully. “Somos nós”.
Aínda que a mancha brillante facía-se mais grande a cada segundo, Sully mirou dende o visor á pantalla onde Daluxo sinalaba un escáner óptico. A nave que se dirixía cara eles era idéntica á Arkhaven.
O suor corría polo cello de Daluxo e lle tremían os beizos. “Capitán, o temporizador. Temos que lanzar xa”.
Sully ergueu os dedos para tapar a boca. Como podía ser que a nave do seu escáner fora a nave na que el estaba? Precisaba protexer a súa nave, e só necesitaba unha simple palabra e un mísil para o facer. Todo o que custaría era… o que exactamente? Sete millóns de vidas humanas conxeladas e agardando a seren incubadas para ocupar o seu lugar asegurando o bote salvavidas da civilización humana? Estaban esas vidas aínda a bordo da pantasma que se lles viña enriba?
“Capitán. Necesitamos as súas ordes”.
Non podía face-lo. Non podía destruír esa Arkhaven pantasma, como tampouco podía permitir que o destruíra a el. O temporizador da pantalla achegaba-se cada vez mais ao cero, e a mancha de luz facía-se cada vez mais grande a medida que se achegaba a eles.
“Prepara o motor Krasnikov”.
“Non-o probamos exactamente do todo. E se…?”
Dez segundos.
“Acende-o”, dixo Sully.
Cinco segundos.
A orde correu pola ponte, unha advertencia resoou en toda a nave e ordeou a todos os tripulantes prepararen-se para un tránsito interestelar coma ningún ser humano intentara xamais. O Arkhaven estremeceu-se cando os reactores de fusión enviaron toda a enerxía dispoñíbel ao toro situado no centro da nave, que atravesaría o espazo-tempo e lles permitiría alcanzar unha velocidade superlumínica.
“Por fin está a acontecer”, respirou Daluxo. “O que coida que veremos cando nos desprendamos das ataduras do tempo?”.
Un segundo. O temporizador conxelou-se. Os panéis flexionaron-se e xemeron baixo a tensión do motor Krasnikov, e o falso Arkhaven retrocedeu.
Sully exhalou. Os dedos esvararon-lle onde os apertara, suorosos, tremendo. A tensión da colisión resoaba no seu corpo. Pechou os ollos e deixou que o seu corpo se relaxara. Os millóns de vidas confiadas ao seu coidado estaban a salvo. Os segundos pasaron, segundos que Sully sabía que se dilataban en anos fóra dos límites do tubo de Krasnikov creado pola súa nave. Cando abriu os ollos, preguntou-se canto tempo pasara en tempo real dende a súa fuxida por pouco.
“O que demos é iso?” preguntou Daluxo. “Esa é a estrela de destino. Non pode ter vida intelixente. Levamos décadas estudándo-a, por que ía aparecer algo agora?”.
Sully xirou os ollos cara o seu oficial executivo, provocado tanto pola gravidade que implicaba a pequena bocalada de Daluxo como por calquera outra cousa. As interferéncias da materia exótica que se axitaba no motor Krasnikov irradiaban en ondas caóticas e facían bailar e berrar aos sensores da nave, pero unha única sinatura estábel lía-se no médio do ruído, inequivocamente artificial, e directamente no seu camiño.
“E por que é tan… recoñecibelmente humano?”. Formou-se un nó no estómago de Sully mentres abría unha canle de rádio e falaba para a distorsión do espazo-tempo que rodeaba a súa nave. “Aquí a nave Xénese, Arkhaven. Identifíque-se, cámbio”.
Pechou a canle e agardou pola resposta.
FIN