Plans para a Terra Média

66

The Lord of the RingsPhilippa Boyens, unha das responsábeis da triloxía orixinal de The Lord of the Rings xunto a Peter Jackson e Fran Walsh, concedeu unha longa entrevista na que falou sobre os plans de futuro da franquía. Entre outras cousas, mencionou a posibilidade de rodar mais anime e mesmo unha nova triloxía, dependendo da acollida do público das vindeiras The Lord of the Rings: The War of the Rohirrim e de Hunt for Gollum. E tamén dixo que Viggo Mortensen podería regresar ao papel de Aragon, se el quere.