PARAMOUNT + / Star Trek: Section 31. Nesta nova película orixinal, a gañadora do Oscar Michelle Yeoh repite o seu papel de Star Trek: Discovery como a Emperatriz Philippa Georgiou, que se une a unha división secreta da Frota Estelar. Encargada de protexer á Federación Unida de Planetas, tamén deberá enfrontar-se aos pecados do seu pasado. No elenco de protagonistas están tamén Omari Hardwick, Kacey Rahl, Sam Richardson, Sven Ruygrok, Robert Kazinsky, Humberly Gonzalez e mais James Hiroyuki Liao, todos eles nun guión asinado por Craig Sweeny e dirixido por Olatunde Osunsanmi. A estrea o 24 de xaneiro.