SONY PICTURES / 28 Years Later. Case trinta anos despois de que o virus da raiba escapara dun laboratório de armas biolóxicas, aínda hai moitos que tentan vivir entre os infectados nunha desapiadada corentena. Un dos grupos de superviventes atopa-se nunha illa conectada ao continente por unha ponte fortemente vixiada. Cando un dos grupos abandoa a illa nunha misión, descubrirán segredos, marabillas e terrores que mutaron non só entre os infectados senón tamén entre os superviventes. Jodie Comer, Aaron Taylor-Johnson, Jack O’Connell e Erin Kellyman coprotagonizan o filme, rodado cun orzamento de 75 millóns de dólares nun exclusivo teléfone móbil da Apple por Danny Boyle. A estrea terá que seguir agardando até xuño do ano que ven.