A Nárnia de Gerwig rodará-se en xullo

72

Amy Pascal, a ex xefa da Sony Pictures reconvertida en produtora, ven de confirmar que a nova adaptación de Greta Gerwig dos libros de C.S. Lewis The Chronicles of Narnia comenzará a se rodar en xullo do ano que ven.

Pascal confirmou a data nunha entrevista, engadindo que se trata “dunha visión moi nova de Nárnia, é todo rock n’roll“.

Porén Pascal non mencionou os plans de estrea nos cinemas deste filme, que produce a Netflix. Seica a directora Gerwig xa expresara o seu desacougo pola posibilidade dunha distribución limitada.

Hai un par de semanas suxeriu-se que a Netflix comezara conversas coa distribuidora de pantallas xigantes IMAX sobre a posibilidade de estrear para o día de Acción de Grazas en 2026. De feito, vários estudos coidan que esta polémica rematará coa saída de Gerwig do proxecto “axiña“.

Con todo, o orzamento non será o problema. Agarda-se que a Netflix poña polo menos 175 millóns de dólares enriba da mesa só para este filme, que será o primeiro que adaptará as sete novelas da saga. As tres primeiras novelas publicadas xa se converteron en películas, e as catro primeiras pasaron á tele.