A Sony conxela os filmes da Marvel

71

O Universo Spider-Man da Sony vai-se conxelar despois de Kraven the Hunter.

A série de filmes con persoaxes da Marvel que fai a Sony Pictures conta sobre todo con heroes e falcatruáns asociados con Spider-Man na Marvel Comics. Comezou en 2018 con Venom, de Ruben Fleischer, e continuou con Venom: Let There Be Carnage en 2021, Morbius en 2022, e Madame Web e Venom: The Last Dance, deste ano.

O filme Kraven the Hunter, que dirixe J.C. Chandor, estrea-se este venres e será o derradeiro. Mentres que as películas de Venom tiveron éxito, senón de crítica polo menos entre o público, otros filmes coma Morbius e Madame Web foron completos desastres.

Aínda que a Sony anunciara o desenvolvemento de vários proxectos novos, ningún deles saíu adiante. Os estudos queren agora centrar os seus esforzos na cuarta entrega de Spider-Man e mais na longametraxe de debuxos animados Spider-Man: Beyond the Spider-Verse, así como na série de televisión Spider-Noir que protagonizará Nicolas Cage.

A diferencia é por suposto que os tres proxectos que seguen en marcha contan con Spider-Man coma protagonista, e non nos persoaxes secundários.

Kraven the Hunter terá cualificación para maiores de 18 e está protagonizada por Aaron Taylor-Johnson, Ariana DeBose, Fred Hechinger, Alessandro Nivola, Christopher Abbott e Russell Crowe.

Spider-Man 4 chegará aos cinemas o 24 de xullo de 2026. Spider-Man: Beyond the Spider-Verse e Spider-Noir están xa en produción, pero aínda non se anunciaron datas para eles.