Atopou Thor ao seu inimigo?

0
179

Josh HartnettSegundo se comenta, Josh Hartnett (30 Days of Night, Sin City) ven de ter unha xuntanza co director de Thor, Kenneth Brannagh, e é un dos principais candidatos para se facer co papel do malvado Loki nesta produción coa que a Marvel pretende sair do cliché que se lle axudica aos seus persoaxes, normalmente mais dirixidos a un público infantil cós seus rivais da DC Comics.

O persoaxe, que é o irmán de Thor, tentará eliminar ao protagonista durante todo o filme e arrebatar-lle o trono de Asgard, após do cal se converte no deus do mal da mitoloxía nórdica.

Estas novas chegan tan só uns poucos días despois de que teñemos rumores de que Alexander Skarsgård (True Blood) estea por se levar todas as papeletas para interpretar ao protagonista.

Pola súa banda, Joe Quesada, da Marvel, revelou que os estudos non poderían estar mais contentos por se faceren con alguén coma Branagh para que dirixa este filme: “Branagh se fixo coa história da Marvel do persoaxe, coñece o sabor e mais o tón xeral do universo Marvel. Sabe que non só é cousa de acción e aventura e uns disfraces, coñece o corazón do persoaxe“.