Veñen de se facer públicos os nomes dos finalistas para o prémio Arthur C. Clarke deste ano, que coma sempre, recoñece ás millores obras de ciéncia-ficción editadas en Inglaterra.
O prémio anual, presentado na Fundación Serendip, leva o nome do lendário escritor de ciéncia-ficción que fundou o galardón co ánimo de promocionar este xénero no seu país.
O gañador será anunciado o vindeiro 30 de abril no decurso do Sci-Fi-London Film Festival.
Os nominados son The Red Men, de Matthew de Abaitua, The H-Bomb Girl de Stephen Baxter, The Carhullan Army de Sarah Hall, The Raw Shark Texts de Steven Hall, The Execution Channel de Ken MacLeod e Black Man, de Richard K. Morgan.