Paradox súbe-se ao carro dos deuses

0
144

Chariots of the godsA Paradox Entertainment ven de se facer cos dereitos cinematográficos do controvertido libro de 1968 Chariots of the Gods (cuxo título foi traducido de diversas formas en España, pero o lóxico é “Os carros dos deuses”).

Con mais de 68 millóns de cópias vendidas en todo o mundo nas últimas catro décadas, esta novela de Erich von Daniken tenta ser un relato de ciéncia-ficción sobre un explorador que atopa probas de que diferentes antigas civilizacións foron visitadas por extra-terrestres. Ainda que a idea foi popular e mesmo retomada para sagas coma a de Stargate, o malo é que Daniken nunca vendeu o seu libro coma ficción, senón coma unha “investigación científica” que logrou convencer a moitos pánfilos ao longo do tempo.

O filme, nombergantes, non terá en conta a controvérsia e tentará ser simplemente o que é: ciéncia-ficción. A ideia é que poida converter-se nalgo semellante ás aventuras de Indiana Jones.

Fredrik Malmberg e Mark Ordesky serán os produtores.