Cuatro emitirá Perdidos

0
179

LostTras os fracasos de Alias e Os 4.400, a cadea xeralista Cuatro ven de se facer cos dereitos de emisión en España doutra série xa vista noutra canle, esta vez en TVE: así, Cuatro adquiriu os dereitos íntegros de emisón da série Perdidos. A cadea mercou todas as tempadas da série, cuxas tres primeiras puideron ver-se en TVE. Ademais, a série emite-se no canal de pago FOX España.

Lost (Perdidos) é unha série de culto entre os rapaces que até agora sementou mais éxito na Internet que na televisión. En TVE, após dunha relativa boa arrincada pola primeira cadea, pronto foi desterrada á segunda, onde pasou sen mágoa nen glória.

Non é a primeira vez que Catro emite unha série de culto oferecida anteriormente noutra cadea para tentar quitar-lle proveito, ainda que polo de agora sempre fracasou. Nos seus comezos, a canle xa ofrecera após Telecinco Alias, e o ano pasado repetiu xogada con Os 4.400, até entón nas mans de Antena 3. A série, que debutou nun domingo, tamén acabou desterrada á madrugada polas suas pésimas audiencias.