Poxa polo primeiro de Harry Potter

0
156

Unha cópia en formato de peto da rara primeira edición de 1997 do libro de J.K. Rowling Harry Potter e a Pedra Filosofal ven de se poxar na Heritage Auction Galleries, acadando a cifra récord de 19.120 dólares (uns 14.800 euros). Ainda que hoxe semelle incríbel, a primeira edición do libro só foi de 300 exemplares en tapa dura e 200 en edición de peto.