A Warner ven de se facer cos dereito do cómic de creado por Jeff Smith Bone, que segundo din é unha espécie de mistura entre Bugs Bunny e o Señor dos Anéis.
O cómic será posibelmente desenvolvido en forma de filme de debuxos animados xerados por computador coa intención de chegar a unha audiéncia de tipo familiar, pero tampouco se desbota a posibilidade de facer un filme con acción real, dependendo do que finalmente decida o director.
As raíces desde cómic chegan até 1991, cando Smith escomezou a auto-editalo. En 2005, a editorial Scholastic, na súa procura doutro éxito após da saga de Harry Potter, comezou a editar a série.
A primeira entrega, titulada “Out From Boneville“, comeza con tres curmáns Bone perdidos e separados no deserto; finalmente axúntan-se nunha granxa dirixida pola avoa Ben e mais a súa neta Thorn. Nos seguintes episódios, os curmáns Bone matan dragóns, loitan contra creaturas semellantes ás ratas e procuran un tesouro.