Scarlett e Rourke en Iron Man

0
189

Scarlett JohanssonApós de moitas semanas de intensas negociacións, dous dos mais importantes actores da actualidade foron convencidos de que facer cinema fantástico non debe ser malo do todo, e así Mickey Rourke e Scarlett Johansson veñen de asinar para participar (e nin sequera como protagonistas) na segunda parte de Iron Man.

Mickey Rourke interpretará ao malvado ruso Whiplash, un persoaxe con látigos de adamantium nas mans. A participación do actor foi posíbel após de lle pagar unha cantidade non revelada, pero que de certo supera aos 250.000 dólares que se lle presentaron polos estudos como primeira oferta.

Pola súa banda, Scarlett Johansson tamén fará de rusa, concretamente o seu persoaxe será o da superespía Natasha Romanoff, mais coñecida para os fans da Marvel coma a letal Viúva Negra. Para a actriz suporá uns bos ingresos, pero en Hollywood moitos temen que poida ser un paso atrás na súa carreira, xa que ataríalla a este persoaxe e obrigaríalla a participar en posíbeis secuelas e mesmo en filmes cos mesmos persoaxes, coma o dos Vingadores que está en preparación.