It chegará ao cinema

776

O pallaso PennywiseA Warner Bros. ten previsto levar a clásica novela de terror de Stephen King It á pantalla grande cunha adaptación que será producida pola Lin Pictures e mais a Vertigo Entertainment.

Dave Kajganich foi contratado para escribir o guión, que vai sobre un grupo de nenos, “o clube dos perdedores”, que atopan unha creatura á que chaman “It” (a versión española por certo ostenta unha tradución simplemente pésima). It persegue aos nenos e adopta a forma que a eles mais medo lles mete, normalmente un pallaso deturpado que leva por nome Pennywise. A novela escomeza xa na etapa adulta do grupo, cando xa todos os seus membros esqueceran como lograran derrotar ao monstro hai trinta anos.

A novela está ambientada en 1958 e mais e 1985, ainda que a versión para o cinema será adaptada para os nosos días.

It foi o libro mais vendido no mundo en 1986 e en 1990 foi convertido nunha minisérie para a canle americana ABC que protagonizaron John Ritter, Harry Anderson, Tim Reid, Annette O’Toole e Richard Thomas. Tim Curry interpretaba ao monstroso Pennywise. Curiosamente, case todos os actores mencionados proviñan do mundo da comédia televisiva.

Os dereitos para o cinema levan dando tombos por várias produtoras dende aquela, xa que os tiveron a WB e mais o Sci Fi Channel.

Kajganich non é novo no de adaptar material de terror, xa que é o guionista de The Invasion para a Warners ou Pet Semetary entre outros. Recentemente foi contratado pola New Line ademais para escribir o remake de Escape From New York e está a adaptar True Story para a Plan B e a Paramount Vantage.