A Rogue Pictures asinou un contrato para producir o seguinte filme do guionista e director Neil Marshall, Sacrilege, unha fita de terror e ciéncia-ficción ambientada no antigo Oeste. Rogue, unha empresa subsidiária da Focus Features, xa ten previsto lanzar o filme de Marshall Doomsday mañán venres 14 de marzo.
Marshall mercou os dereitos de Sacrilege ao xefe da Rogue Andrew Rona, e agora quere escribir o guión e dirixir o filme.
“Está ambientada durante a febre do ouro, un tempo relembrado por incidentes coma a festa de Donner [un caso de canibalismo entre pioneiros do salvaxe oeste]”, dixo Marshall nunhas impactantes declaracións á prensa. “Supón-se que vai ser un filme de terror nunha época escura e dura“.
Marshall declinou revelar máis detalles sobre o filme, pero este se vai centrar en temas coma o aillamento e a paranoia e estará influenciado por A Cousa de John Carpenter.