Finou Ron Silver

0
184

Ron SilverO veterán actor de 62 anos Ron Silver finou o pasado domingo após de se pasar dous anos loitando contra un cancro de esófago.

O actor, nado en New Yrk e gañador dun prémio Tony, escomezou a sua carreira nos anos 70 antes de se pasar ao cinema e mais a televisión, médios nos que chegou a participar até en 80 películas, séries e telefilmes.

Os afeccionados ao fantástico lembrarémo-lo polos seus papeis coma o corrupto senador no filme de Jean-Claude Van Damme de 1994 Timecop, e coma o membro chave da conspiración alieníxena que pretendía destruir o planeta no filme de David Twohy The Arrival (1996).

Outros títulos fantásticos nos que participou Silver foron o thriller sobrenatural de 1981 The Entity e mais o telefilme de ciéncia-ficción Lifepod, de 1993.