Marcus camiña cos zombis

0
174

I walked with a zombieAdam Marcus (Jason Goes to Hell) será o encargado de dirixir o remake do clásico da RKO de 1943 Eu camiñei cun zombi, o filme que realizara Val Lewton, para a Roseblood Movie Co. e mais a Twisted Pictures.

Marcus e Debra Sullivan (Conspiracy) co-escribiron o guión que se centra nun titor privado que descubre un terrorífico segredo familiar mentres traballaba nunha antiga finca da que é propietário un home de negócios de New Orleans.

O orixinal foi todo un clásico do xénero fantástico e se considera un filme de anticipación e ún dos mais importantes dos realizados pola RKO.

Ted Hartley, Mark Burg, Oren Koules e Carl Mazzocone serán os produtores. A RKO desexa facer ademáis remakes do seu filme de 1939 Five Came Back, do de 1945 O ladrón de corpos e dos de 1946 Bedlam.