A Disney ven de se facer cos dereitos cinematográficos de Wouldn’t It Be Nice, unha comédia familiar de ciéncia-ficción baseada nun guión da equipa formada por Barry Blaustein e Jason Hefter. Andrew Gunn producirá a través da súa compañía, a Gunn Films.
A história vai sobre unha parella de adolescentes que, xusto antes de levar a cabo os seus plans de fuxir xuntos a perseguir os seus soños, son transportados máxicamente vinte anos no futuro, onde descubren que as súas vidas non sairon tal e coma planeaban. Con mais de trinta anos pero con mentalidades de adolescente e tentando sacar adiante a tres fillos pequenos, aprenderán que non eran tan maduros coma coidaban ser.
Todo semella indicar que será un filme prescindíbel cheo de moralina e baseado na canzón orixinal do mesmo nome dos Beach Boys.