Dan Harris irá ao Inferno

0
215

O Inferno de DanteO realizador Dan Harris (Imaginary Heroes, X2) será o encargado de adaptar ao cinema o videoxogo da Electronic Arts Dante’s Inferno e converte-lo nun filme de acción real para a Universal Pictures.

O videoxogo ten coma base unha viaxe a través das profundidades do inferno, baseado na descripción que fixo do mesmo o poeta italiano Dante Aligheri no clásico do século XVI A Divina Comédia.

Mark Abraham e Eric Newman serán os produtores. A EA está asemade a desenvolver versións para o cinema dos seus videoxogos Army of Two, o simulador de vida cotiá Os Sims, e mais da recente saga de “space opera” Mass Effect.