Os Harbinger chegan ao cinema

0
174

A capa do comicA Paramount Pictures adquiriu os dereitos da série do cómic de ciéncia-ficción Harbinger que publica a editorial Valiant Comics e ten previsto converti-lo nun filme de acción real que posíbelmente se encargue de dirixir Brett Ratner.

Alexandra Milchan producirá xunto con Ratner e Jay Stern. O proxecto podería aparecer baixo o selo da MTV Films.

Creada por Jim Shooter, a série de Harbinger converteu-se nun éxito cando foi publicada por primeira vez nos anos 90. Os Harbingers son humanos con poderes que poden ser desbloqueados por harbingers “omega”. O xoven Pete Stanchek terá que se enfrontar cun antigo e poderoso omega que utiliza os seus poderes para se converter nun malvado industrial.

Ratner (X-Men 3) tiña ganas de atopar unha oportunidade de facer unha nova saga de superheroes, pero dende o comezo. O proxecto será escrito mentres Ratner continúa o seu traballo na dirección doutros filmes que ten pendentes.