Hardwicke noutra de adolescentes

0
192

Catherine HardwickeCatherine Hardwicke (Twilight, Thirteen) está en conversas para se encargar da realización da adaptación ao cinema da série de novelas fantásticas para adolescentes de James Patterson Maximum Ride para a Sony Pictures.

A saga, composta por cinco volumes, vai sobre seis adolescentes, coñecidos coma o Flock (a bandada), que están xenéticamente alterados para ser en parte humanos e en parte paxaros.

Mentres aprenden a voar, fuxen do laboratório onde estaban prisioneiros e son perseguidos por un grupo de creaturas chamadas os Erasers (os Eliminadores) que son en parte humanos e en parte lobos.

Don Payne (Fantastic Four: Rise of the Silver Surfer) está a escribir o guión. Avi Arad e mais Steven Paul serán os produtores.