Os finalistas do prémio Arthur C. Clarke 2009

0
226

Song of TimeIan R. MacLeod, Paul McAuley, Alastair Reynolds, Neal Stephenson, Sheri S. Tepper e Mark Wernham son finalmente os seis candidatos para levar o prémio Arthur C. Clarke 2009, o máis prestixioso da literatura de ciéncia-ficción en Inglaterra.

O prémio, de carácter anual, concéde-se dende 1987 á millor novela de ciéncia-ficción do ano e seleccióna-se a partir da listaxe de novelas cuxa primeira edición se fixese en Inglaterra durante o pasado ano. O galardón leva o nome e mais o patrocínio de Arthur C. Clarke, o autor de 2001: Unha Odiseia no Espazo.

As novelas finalistas deste ano son:

  • Song of Time, de Ian R. MacLeod
  • The Quiet War, de Paul McAuley
  • House of Suns, de Alastair Reynolds
  • Anathem, de Neal Stephenson
  • The Margarets, de Sheri S. Tepper
  • Martin Martin’s on the Other Side, de Mark Wernham

O gañador levará un prémio de 2.009 libras esterlinas (uns 2.133 euros co troco actual) e mais un suxeitalibros conmemorativo e será dado a coñecer o vindeiro 29 de abril nunha cerimónia que terá lugar no decurso do Festival de Cinema SCI-FI-LONDON na capital inglesa.