O Gardián dos Demos

0
187

DemonkeeperSam Fell (The Tale of Despereaux, Flushed Away) será o director da adaptación con actores de carne e óso da novela do escritor Royce Buckingham Demonkeeper para a Fox 2000.

Laeta Kalogridis (Alexandre, Shutter Island) adaptará a história, que vai sobre un adolescente de Seattle que hereda unha casa que está chea de demos. Cando por fin fique libre das súas responsabilidades para acudir a unha cita, regresa á casa e descubre que foi asaltada por uns nenos que accidentalmente ceibaron ao pior demo de todos, á Besta, o Asasino dos Nenos Perdidos.

Ken Atchity e Chi-Li Wong serán os produtores.