Wolfgang Petersen (Poseidon) dirixirá o thriller de ciéncia-ficción Uprising para a Columbia Pictures.
Douglas Wick e Lucy Fisher (Gladiator) serán os produtores por médio da súa empresa filial da Sony, a Red Wagon.
A história vai sobre os esforzos da resisténcia dalgúns cidadáns após de que a Terra fose ocupada por unha poderosa raza extra-terrestre. Charles Leavitt (Blood Diamond) está a escribir o guión.
Petersen previamente traballara para os mesmos estudos cando fixo Das Boot, Na liña de fogo e Air Force One.