A Paramount Pictures ven de adquirir os dereitos para facer un filme baseado en Monster Zoo, unha novela gráfica de Douglas TenNapel que ainda está por se publicar en primavera pola editorial Image nos Estados Unidos.
A empresa de Sam Raimi e Josh Donen, a Buckaroo Entertainment producirá esta película xunto a Ellen Goldsmith Vein, pertencente ao Gotham Group. Raimi, que está a preparar o thriller sobrenatural da Universal Drag Me to Hell, comprometeu-se a producir mentres a súa axenda llo permita.
TenNapel, entre cuxas novelas gráficas xa publicadas están Earthworm Jim e Cat Scratch, narra a história dun rapaz que descubre que o zoo da súa cidade contén animais moito máis abraiantes do normal.