Mais fantasía para adolescentes

0
198

StoneheartA ImageMovers e mais a Disney están en negociacións para se faceren cos dereitos sobre a triloxía de The Stoneheart, unha série de libros para adolescentes escrita por Charlie Fletcher. Robert Zemeckis, da ImageMovers, Jack Rapke e Steve Starkey serán os produtores.

Os libros van sobre un neno londinense de 12 anos que penetra nun mundo alternativo onde as estátuas, imbuídas do espírito dos seus creadores, cobran vida. A presenza do rapaz descadra o equilíbrio entre o ben e o mal, e mentres ten que tratar coas esfínxes e as gárgolas, atopará a unha rapaza orfa e a estátua dun artilleiro da Primeira Guerra Mundial que lle axudarán a poñer as cousas no seu sítio.

O terceiro libro da saga, Silvertongue, aparecerá nas librarías o mes que ven.

Por outra banda, pero moi relacionado co anterior, a Paramount Pictures ven de adquirir os dereitos sobre a novela fantástica para adolescentes de Sarah Mylnowski Gimme a Call e ten previsto adapta-la ao cinema baixo a dirección do realizador de Race to Witch Mountain, Andy Fickman.

Fickman será o produtor a través da súa compañía, a Oops Doughnuts, e mais a súa parceira Betsy Sullenger.

No libro, unha rapaza de secundária que non está satisfeita coa súa vida tira por erro o seu teléfone móbil a unha fonte. Cando o recupera, descubre que só pode facer chamadas a ela mesma cando tiña 14 anos, cando ainda todo era posíbel. O libro aparecerá publicado pola editorial Delacorte en maio de 2010.

Fickman dixo que coñecía a esta escritora porque ten unha filla de 11 anos e puido botar unha ollada ao libro antes de se publicar cando foi mercado pola Endeavor e mais a Dail Agency.