Fórmula Liberdade

0
206

Freedom FormulaA New Regency ven de adquirir Freedom Formula: Ghost of the Wasteland, unha adaptación do cómic homónimo de ciéncia-ficción da Radical Publishing e ten previsto adapta-lo ao cinema da man de Bryan Singer.

O filme será distribuido pola Fox, que xa tivo ocasión de traballar con Singer en X2, o segundo filme da saga da Patrulla X. Michael Finch será o encargado de escribir o guión.

O cómic está ambientado no futuro, cando os pilotos de avións de combate foron sustituidos por pilotos que loitan en exo-traxes de carreiras. O protagonista é un corredor xenéticamente modificado que descubre que os seus xenes teñen o poder de mudar á sociedade.

Singer e Levine uníron-se para o proxecto cando a série de catro números debutou o verán pasado na Comic-Con. O cómic foi creado por Edmund Shern, o dono da Storm Lion, a imprenta da Radical que o publicou. Shern participará neste filme como produtor asociado.