A DreamWorks está por Non-Parar

0
182

Len WisemanA DreamWorks ven de se facer cun guión de ciéncia-ficción orixinal de Michael Gilvary titulado Nonstop e xa pensou en Len Wiseman (Underworld) para que sexa o produtor e en Patrick Tatopoulos (Underworld: Rise of the Lycans) para a cadeira de director.

Baseado nunha ideia orixinal, este thriller de ciéncia-ficción vai sobre as andainas duns pasaxeiros dun avión após de que este sexa misteriosamente abducido por unha nave alieníxena.

Nonstop será a terceira colaboración entre Wiseman e mais a DreamWorks. Wiseman ten previsto dirixir un par de filmes de alto orzamento para a nova filial da DreamWorks, Motorcade e Atlantis Rising.