Matusalem vivirá abondo

0
164

MatusalemA Warner Brothers ven de se facer cos dereitos de Methuselah, unha aventura de acción cuxo título provén de Matusalem, o mítico persoaxe da Bíblia que viviu mais de 1.000 anos, e todo elo baixo a dirección de James Watkins, que tamén se encargará do guión.

David Heyman (un habitual dos filmes de Harry Potter) será o produtor a través da súa empresa filial da Warner, a Heyday.

O protagonista do filme será unha persoa que envellece a un ritmo moi lento e aproveita todo o seu tempo para desenvolver unha chea de incríbeis habilidades de supervivéncia.

Watkins fixo o seu debut como director no cinema fantástico con Eden Lake, filme do que tamén foi o guionista.