Tom Hanks xogará con bonecos

0
181

MMMA Universal desenvolverá Major Matt Mason, un filme de acción e ciéncia-ficción baseado nunha série de bonecos de xoguete da Mattel.

O filme estará protagonizado por Tom Hanks, e Graham Yost escribirá o guión. Os parceiros da Playtone Hanks e Gary Goetzman serán os produtores.

O xoguete foi creado pola compañía Mattel e é un boneco moi popular entre os nenos americanos. Esta liña de xoguetes escomezou a se fabricar en 1966 e a súa história é a dunha equipa de astronautas dirixidos por Mason que traballan na Lúa e viven nunha estación espacial. Os bonecos acadaron o seu maior éxito cando o primeiro ser humano pisou a Lúa en 1969, pero Mattel retirou esta liña de xoguetes nos anos 70.

Cando os executivos da Mattel Tim Kilpin e Barry Waldo chegaron á Playtone para unha xuntanza, trouxeron todo un arseal de figuriñas de Matt Mason, pero Hanks chegou cunha de seu.