As relíquias da morte serán dous filmes

0
169

A capa do libro en galegoHarry Potter e as relíquias da morte, a sétima e definitiva entrega das aventuras do meigo máis popular da literatura, será levada ao cinema en dúas películas que se estrearán en novembro de 2010 e maio de 2011, respectivamente.

Segundo soubo NOVA FANTASIA por médio das súas fontes en Los Angeles, os estudos Warner Bros e os produtores da franquía, baseada nos persoaxes da escritora inglesa J.K. Rowling, anunciarán este xoves que pretenden converter esa obra en dúas películas que se estrearán por separado.

As fitas levarán por nome, simplemente, Harry Potter e as relíquias da morte: Parte I e Harry Potter e as relíquias da morte: Parte II, segundo desvelou o produtor David Heyman.

O director David Yates, que xa se fixo cargo das tarefas de realización en Harry Potter e a Orde do Fénix e Harry Potter e o mistério do Príncipe – en produción -, volverá a se poñer tras das cámaras para dirixir estes dous filmes, que se rodarán de forma continuada.

O escritor Steve Kloves será o encargado de redactar o guión, unha tarea que xa realizou en sete das oito fitas que compoñen a saga.