As secuelas de Star Trek

0
192

Star TrekAinda que o filme non se estreará até dentro doutras seis semanas, a Paramount Pictures xa está a preparar a primeira secuela para a que se presume exitosa resurrección da franquía de Star Trek.

Roberto Orci, Alex Kurtzman e Damon Lindelof xa foron contratados para escribir o guión e producir a secuela. Nestes intres xa están a facer ócos nas súas axendas para poder teren o guión rematado nos vindeiros meses e poder entrega-lo aos estudos para final deste ano, o que deixaría á secuela disposta para se estrear no verán de 2011.

O produtor e director J.J. Abrams regresará sen dúbida como produtor, pero non está ainda claro se el mesmo será outra vez o director ou se deixará o posto a outro candidato. De feito, orixinalmente Abrams só ía producir o primeiro filme, pero finalmente asinou tamén para dirixi-lo após de lér o guión de Kurtzman e Orci.

Do que pouco se sabe é do argumento desta secuela: “Obviamente discutimos algunhas ideias, pero agardamos ver como responderá a audiéncia o mes que ven. Co renacemento da franquía, a primeira película tiña que ir sobre as orixes. Pero coa segunda, tes a incríbel oportunidade de explorar cousas emocionantes. Imos ser cobizosos co que imos facer“, dixo Kurtzman.

O movemento da Paramount é ambicioso pero tamen arriscado, xa que as dez anteriores entregas de Star Trek nunca foron demasiado favorecidas nos despachos de billetes, especialmente fóra dos Estados unidos, e é por ese motivo polo que os filmes non adoitan ter un orzamento demasiado elevado.

Nombergantes, este relanzamento xa custou moitísimo mais que calquera das anteriores entregas da saga, polo que precisará recadar moito mais para que unha secuela sexa viábel, especialmente fóra dos Estados Unidos.

Ainda que o filme xa puido ser contemplado por algúns afortunados en visionados especiais para os membros dos estudos, a estrea mundial terá lugar o vindeiro martes na Opera House de Sydney. As críticas especializadas, iso si, terán que agardar até finais de abril.