Jamie Campbell-Bower en New Moon

0
153

Jaime Campbell BowerO actor inglés de tan só 20 anos Jamie Campbell-Bower, coñecido entre os fans polo seu papel chave do encaprichado Anthony no filme de Tim Burton Sweeney Todd, ven de se unir ao reparto de protagonistas de The Twilight Saga: New Moon.

O filme, continuación da exitosa Crepúsculo, céntra-se en Bella (Kristen Stewart), que será arrastrada ao mundo dos lobishomes mentres é ameazada polos Volturi, un grupo de vampiros. Campbell-Bower interpretará a Caius, o líder deste poderoso grupo de vampiros italianos.

A rodaxe escomezou a semana pasada en Vancouver (Canadá) baixo a dirección de Chris Weitz.