Gemma Arterton, a semideusa

0
196

Gemma ArtertonGemma Arterton (Quantum of Solace, Prince of Persia: The Sands of Time) ven de se unir ao reparto de actores que interpretarán aos deuses, heroes e demais parafernália grega no remake do clásico de 1981 Clash of the Titans (Fúria de Titáns, como foi traducida nas nosas pantallas).

Arterton interpretará o papel da semideusa Io. Segundo declarou, esta nova versión, que dirixe Louis Leterrier (O Incríbel Hulk) vai moito mais sobre a misión de Perseo, e como ten que aceptar que é o fillo de Zeus, e que probábelmente as escenas co Monte Olimpo serán realizadas a escala.

Sam Worthington é o protagonista co papel de Perseo. O filme tiña previsto o comezo da rodaxe o pasado 26 de marzo en Tenerife, nas Illas Canárias.