Emily Browning recibe un golpe baixo

0
200

Emily BrowningA Warner Bros. ven de contratar á actriz australiana Emily Browning (The Uninvited) para que protagonice o vindeiro filme fantástico de Zack Snyder, que levará por título Sucker Punch (Golpe Baixo).

Abbie Cornish, Vanessa Hudgens, Emma Stone e Evan Rachel Wood tamén forman parte do reparto. Entre as anteriores aparicións de Browning no cinema de xénero hai que contar Ned Kelly e Lemony Snicket.

Snyder será o director e produtor xunto á súa esposa e habitual parceira nas tarefas de produción, Debra Snyder, todo elo a través da empresa da que son propietários, a Cruel and Unusual Films. Wesley Coller será o produtor executivo.

Sucker Punch, baseada nunha história escrita polo mesmo Snyder, vai sobre unha rapaza que é ingresada nun hospital psiquiátrico e alí crea unha realidade alternativa. Snyder co-escribiu o guión xunto a Steve Shibuya e describiu o seu novo filme coma “Alícia no País das Marabillas e con ametralladoras“.

Agárda-se que a produción escomece en setembro. A Warner Bros. xa lle ofrecera o papel protagonista anteriormente a Amanda Seyfried.