Rory Bruer, presidente da Sony Worldwide Distribution, anunciou durante a presentación da súa compañía no decurso da ShoWest 2009 que xa está en desenvolvemento unha terceira entrega da saga dos Homes de Negro. A ShoWest é unha feira e convención de carácter anual destinada aos exhibidores e distribuidores de cinema.
Bruer tamén confirmou que a Sony está a traballar arreo na secuela dos Cazapantasmas e en Spiderman 4. Os tres proxectos teñen previsto estrear-se en 2011.