A Paramount Pictures fará un filme de debuxos animados inspirado na revista de ciéncia-ficción dos anos 70 Heavy Metal, co director David Fincher comandando o proxecto.
Heavy Metal será unha fita na que non fallarán as escenas e mais os argumentos violentos e eróticos da revista que creou escola na América dos anos 70 dende o seu debut en 1977. A revista presentou os traballos de debuxantes e guionistas coma Robert Silverberg, Harlan Ellison ou H.R. Giger.
O filme consistirá nunha série de oito ou nove segmentos cada ún dos cales será dirixido por un realizador distinto. Fincher dirixirá ún deles; Kevin Eastman (Teenage Mutant Ninja Turtles), que agora é o propietário e editor da revista, dirixirá outro. Igualmente faráo Tim Miller, cuxos Estudos Blur serán os encargados de crear a animación para este filme, que se prevé que saia cunha calificación de para maiores de 18 anos.
Fincher, Eastman e Miller producirán a película, para a que xa se está a procurar ao resto dos directores. A revista xa fora a base dun filme en 1981 e dunha secuela en 2000.