Megan Fox será o anxo de Mickey Rourke

769

Megan FoxA protagonista de Transformers, a guapa Megan Fox, será o anxo que lle dea a contraluz a Mickey Rourke en Passion Plays, un drama independente que será escrito e dirixido por Mitch Glazer.

Rourke, que foi nominado para o Oscar e mais o Globo de Ouro este mesmo ano polo seu papel como actor de loita libre no filme The Wrestler, interpretará a gora a un trompetista acabado en Los Angeles dos anos 50, mentres que Fox fará de anxo, “unha beleza con alas que é parte dun carnaval“, segundo describe a produtora deste filme. Rourke atopará a súa redención mentres tenta protexer ao anxo das poutas dun perigoso gángster.

Passion Plays será o debut como director de Glazer, que até agora só fixera o guión do filme de Bill Murray Scrooged.