Dous coelliños de Páscua, dous!

0
143

O coello de PáscuaCanso de remakes? OK, nese caso estás de sorte, porque por fin temos novas sobre dous novos filmes que xa están en desenvolvemento e que contarán co coelliño de Páscua como estrela convidada.

A Sony Animation ven de se facer cos dereitos sobre Hip Hop, un filme no que o coelliño decide retirar-se e agochar-se coma mascota na casa dunha família das afóras, convertindo a súa apacíbel vida nunha desfeita. O tón deste filme foi descrito polos cprodutores coma unha mistura entre Alvin e os Esquíos e Santa Claus (o que protagonizou Tim Allen).

E ao mesmo tempo, a Illumination Entertainment ven de mercar os dereitos sobre I Hop, un filme que será a súa primeira longametraxe con acción real. Nel, o coelliño de Páscua resulta ferido nun accidente cando é atropelado por un coche. A resultas do accidente, o coelliño xa non pode chimpar porque ten unha perna rota, así que o condutor do coche terá que sustitui-lo para facer o seu traballo e así salvar a Páscua.

Cinco Paul e Ken Daurio escribiron o guión deste segundo filme. Anteriormente xa se encargaran do libreto de Despicable Me, o proxecto de debuxos animados da Illumination que contou coas voces (na versión orixinal, claro) de Steve Carell, Jason Segel e Kristen Wiig.