Terrence Howard será un Macbeth tropical

0
167

Terrence HowardTerrence Howard, que está a producir unha nova versión para o cinema do clásico de William Shakespeare Macbeth, revelou a un grupo de xornalistas que el mesmo será o protagonista deste filme sobre ambición e trazión, e que este é o papel polo que sempre quixo actuar. Após do balbordo organizado pola súa nominación aos Oscars por Hustle & Flow, Howard só fixera un papel protagonista, na longametraxe Pride.

Só tiven que agardar un minuto até poder confiar no que me estaba a meter“, dixo Howard (que como sabedes, non participará na segunda parte de Iron Man) aos reporteiros que o agardaban o pasado sábado en Beverly Hills, Califórnia, mentres facía a promoción do seu novo filme, Fighting. “Estou por facer Macbeth, que tamén producirei. E ímo-lo facer este verán“.

Após de facer senllos papeis secundários en Iron Man, August Rush e The Brave One, Howard dixo que a obra de Shakespeare era xusto o que estaba a agardar para poder volver a un papel de protagonista. “Vou facer de Hamlet“, bromeou, mentres confirmaba que el será quen faga o papel principal, o de Macbeth.

Pero Howard non se limitará a actuar neste filme. “A miña compañía produtora vai-se encargar disto“, revelou. “Rodaremos en Porto Rico e comezaremos en xuño“.

Macbeth narra a história dun guerreiro escocés cuxa interpretación das profecías de tres meigas condúce-o ao asasinato do rei e a usurpar o seu trono. Esta adaptación do clásico estará ambientada nos tempos actuais, todo co trasfondo dunha illa exótica.

Si, está ambientada no presente, no Caribe“, dixo Howard. “Será moi agradábel ver a Shakespeare baixo un sol tropical“.