A Guerra dos Monos

0
174

Monkey WarsO director do filme Fanboys, Kyle Newman, xa ten un novo proxecto entre mans: a comédia de terror War Monkeys, na que sustitúe ao realizador Kevin Munroe (Dead of Night).

O produtor Robert Sanchez tan só dixo o clásico “non hai comentários“cando se lle preguntou por unha confirmación desta nova. O que si que confirmou é que o director orixinal do proxecto, Kevin Munroe, ficará a bordo do mesmo pero só en labouras de produción. Munroe está a rodar arestora a adaptación de Dylan Dog de Dead of Night en New Orleans, e ten problemas para axustar a súa axenda e poder-se encargar ademais de War Monkeys.

Agárda-se que a semana que ven teñamos mais novas sobre o reparto para este filme.

War Monkeys, escrito (e co-producido) por Cleve Nettles, está ambientado durante unhas vacacións de nadal, no decurso das cales un par de bedéis fican atrapados no interior dun instituto de investigación científica após de que por accidente foran ceibados vários monos Rhesus adestrados por militares.