A primeira parte da adaptación do manga (e anime) As bólas de dragón non chegará aos cinemas até o vindeiro día 10 de abril e todo semella indicar que non cumprirá coas expectativas dos moitos fans da saga, pero iso non importa moito aos produtores, que xa están a preparar unha segunda parte, que seica xa conta cun guión de seu.
“Sei que xa hai escrito un guión para unha segunda parte, e leva moito tempo feito“, dixo Justin Chatwin (Songoku) aos reporteiros nunha recente entrevista. Coma xa todos sabedes, Songoku é o protagonista desta saga, encargado de atopar as poderosas bólas do dragón e protexer ao mundo do melvado Piccolo (James Marsters).
“A segunda seica vai até algúns lugares diferentes que eu nunca mirara en ningunha adaptación dos cómics“, engadiu Chatwin.
Chatwin dixo que que el persoalmente non lera o guión desta secuela pero que lle falaran moito dela. Ademáis confirmou que a súa compañeira e coprotagonista Emmy Rossum (Bulma) seguro que regresaría nesta segunda entrega.
Pola súa banda, Marsters dixo que non só está disposto a regresar para un segundo episódio, senón que ademais lle gustaría que a franquía continuara indefinidamente.