Debutará Ledger en Cannes?

0
178

Catro protagonistas para un só papelO derradeiro filme de Heath Ledger, a longametraxe fantástica que dirixiu Terry Gilliam The Imaginarium of Doctor Parnassus, por fin poderá debutar internacionalmente grazas ao festival de cinema de Cannes a mediados de maio.

O filme terá que agardar de todos os xeitos até meiados de outono para a súa estrea oficial, que está a custar moito porque non dá atopado un distribuidor nos Estados unidos; a súa aparición nas pantallas de Cannes daría aos médios de comunicación e mais aos fans a posibilidade de contemplar esta película por primeira vez. A rodaxe tivera, como ben lembraredes, moitos problemas, xa que cando Ledger finou inesperadamente en xaneiro de 2008, o seu papel tivo que se adaptar ás novas circunstáncias, e así, Johnny Depp, Colin Farrell e Jude Law tiveron que se encargar de facer as partes do mesmo que ainda non se rodaran.

O filme vai sobre unha feira ambulante que lle dá aos seus clientes moito mais do que seica mercaron. Coma case todos os filmes de Gilliam (12 Monos, Brazil, Time Bandits), tivo unha produción moi longa e chea de dificultades e que se prolongou durante moitos meses mais do inicialmente agardado.