Finou o co-creador de Dragóns e Cabozos

0
201

Dave ArnesonDave Arneson, o home que creou o xogo de rol Dungeons & Dragons xunto con Gary Gygax, finou o pasado martes á noite, segundo ven de confirmar a súa família.

Pode que nunca estivera directamente vencellado ao mundo dos xogos por computador, pero é imposíbel iñorar a influéncia da obra de Arneson no mundo dos programadores de videoxogos e o moi querido que era.

Arneson non só obrigou aos xogadores de todo o mundo a pensar de xeito creativo senón que o seu xogo de rol é a fonte mais salientábel de creaturas e ideias fantásticas dende O Señor dos Anéis de J.R.R. Tolkien. Calquera que pretenda imaxinar algún xogo, libro ou filme de fantasía que non teña algunha influéncia de Dragóns e Cabozos non terá mais remédio que ficar en branco.

Esta nova chega só un ano despois da morte, en marzo de 2008, de Gary Gygax, o outro autor do xogo.