Liam Neeson será Zeus

0
197

Liam NeesonLiam Neeson e Ralph Fiennes interpretarán a senllos deuses no vindeiro filme Clash of the Titans, o remake do clásico do fantástico Loita de Titáns que será dirixido por Louis Leterrier e que se rodará na illa de Tenerife (España).

Neeson interpretará a Zeus, o sábio pero malhumorado rei dos deuses e pai de Perseo (Sam Worthington neste filme).

Pola súa banda, Fiennes fará de Hades, o señor do inframundo, que pretende destronar a Zeus e governar a todos os deuses. Nombergantes, Fiennes ainda non asinou o seu contrato a día de hoxe.

Os dous actores unirán-se a un reparto no que xa figuran Mads Mikkelsen, Gemma Arterton e Alexa Davalos. A produción comezará a se rodar a finais deste mes no Reino Unido.

Este acordo é o primeiro que pecha Neeson após da tráxica morte da súa esposa, Natasha Richardson, que finou hai menos dun mes por mor dun terríbel accidente.