Os Ninjas Asasinos dos Wachowski

859

Collin ChouO actor de Matrix Collin Chou revelou que será ún dos catro protagonistas principais nun novo filme de fantasía sobre ninjas dos creadores da triloxía de Matrix Larry e Andy Wachowski, que producirán pero non dirixirán. O título do filme podería ser Ninja Assassin.

Non coido que poida falar disto, pero vou traballar cos irmáns Wachowski para o mes que ven e coido que vai ser un filme importante“, dixo Chou nunha entrevista na Convención Wizard World en Los Angeles o pasado fin de semana. “Vai ser en Berlín“. E sobre o título do filme, Chou dixo: “Non sei se xa hai un nome definitivo“. Chou fixo o papel de Seraph na triloxía de Matrix.

Chou tamén confirmou un rumor que leva moito tempo correndo e é que el fará o papel que Jet Li negou-se a facer: “Teño que dicir que estou moi agradecido a Jet Li, e agradecereillo sempre, pero iso é algo persoal“, bromeou Chou, quen tamén aparece no vindeiro filme fantástico de artes marciais de Li e Jackie Chan The Forbidden Kingdom.

Chou dixo que o filme de ninjas dos Wachowski comezará a se producir en abril o a primeiros de maio. “E esta é unha parte que se vai facer ao redor do meu persoaxe“, desvelou. “Querían que eu tivese un papel máis importante, e estiven a agardar moito tempo a que iso acontecese. Son ún dos catro persoaxes principais e é unha grande honra estar a bordo“.

O ambiguo actor coreano Rain, cuxo nome real é Jung Ji-hoon, tamén é parte do proxecto e ún dos catro persoaxes centrais. Rain, que tamén aparece no vindeiro filme dos Wachowski, Speed Racer, é o protagonista do recente filme coreano I’m a Cyborg, But That’s OK.

Ademáis dos Wachowski, tamén producirá Joel Silver, parceiro deles na triloxía de Matrix, e posíbelmente o director sexa James McTeigue, que xa se encargou doutro proxecto dos famosos irmáns, V for Vendetta.